Rueda cualifica de “positiva” e “frutífera” a viaxe a América na que a Xunta tendeu novas pontes de colaboración institucionais, económicas e comerciais
Subliña a reunión “moi produtiva” mantida con presidente da República de Panamá que permite afianzar relacións con este país en sectores claves como a pesca, o turismo ou as enerxías renovables
Considera “moi satisfactorios” os encontros con empresarios e inversores en México aos que lle trasladou que “merece a pena apostar por Galicia” e cos que se estreitaron lazos económicos que “poden ser moi frutíferos”
Destaca a gran fortaleza da colectividade galega no exterior logo de reunirse con representantes de varias entidades e coñecer en persoa os servizos e actividades que ofrecen aos galegos e os seus descendentes
Cidade de México (México), 18 de abril de 2023 O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, amosa a súa satisfacción tras a viaxe por Panamá, Venezuela e México ao asegurar que foi unha visita “positiva con obxectivos cumpridos” e que cualifica de “frutífera”, xa que que o Goberno galego tendeu novas pontes de colaboración e estreitou alianzas tanto a nivel institucional como económico e comercial.
Acompañar e recoñecer o traballo das comunidades galegas no exterior
Por último, Rueda resalta a importancia desta viaxe para comprobar a fortaleza das comunidades galegas no exterior tanto no pasado -como foi o caso dos 12.000 galegos que participaron na construción da Canle de Panamá- coma no presente a través dos centros e entidades de galegos que hai por toda Latinoamérica e nos que queda patente que a colectividade mantén un forte vínculo coa súa terra natal.
- Audio declaraciones del Presidente de la Xunta