Miranda agradece a labor do Centro galego de Núremberg en prol da colectividade residente nesta cidade alemá
2023-05-27
/documents/35297/40690/IMG-20230527-WA0120.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Nuremberg (Alemaña), 27 de maio de 2023
O secretario Xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe o Centro Galego de Núremberg, onde mantivo un encontro coa sua directiva e os seus socios, para coñecer a situación da colectividade española e galega nesta cidade así como as súas inquedanzas e necesidades.
Rodríguez MIranda agradeceu a esta entidade, fundada en 1992, o seu traballo por manter os lazos entre os galegos afincados nesta rexión do norte do Estado de Baviera, dado o intenso traballo que realizan en prol de toda a colectividade, á vez que promociona a nosa cultura.
Departamento:
Secretaría Xeral de Emigración
Data de actualización: 27/05/2023