Preto de 41.000 aspirantes examinaranse o 1, 2, 8 e 9 de xullo para 625 prazas de emprego público

Os exames realizaranse no Recinto da Feira Internacional Abanca Semana Verde

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2023 Un total de 40.726 aspirantes están chamados a participar o vindeiro 1, 2, 8 e 9 de xullo nas probas para 625 prazas de emprego público da Xunta de Galicia que se realizarán no Recinto da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia.

En concreto, o sábado 1 de xullo examinaranse 1.604 persoas para 75 prazas no Corpo superior A1; e 8.756 aspirantes para 120 prazas no Corpo auxiliar C2. A continuación, o domingo, 2 de xullo realizarase o proceso selectivo para o Corpo de Xestión A2 no que están chamadas a participar 2.435 persoas para 90 prazas; e o exame para o Corpo administrativo C1 con 8.917 aspirantes admitidos e 102 prazas.

En canto ao 8 de xullo, será a quenda da escala de auxiliar de clínica no que participarán 2.011 aspirantes para 54 prazas; e a de auxiliar coidador con 3.398 aspirantes e 65 prazas de emprego público. Finalmente, o 9 de xullo, examinaranse 13.605 aspirantes no proceso de persoal subalterno (AP) para o que se convocaron 119 prazas.

 

Data de actualización: 20/06/2023