Emigración destaca a figura de Antonio Palacios como afianzador da identidade galega a través da arquitectura

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inaugurou a mostra “Construír a paisaxe” realizada pola artista Amelia Palacios, sobrina-bisneta do famoso arquitecto galego, co gallo do 150 aniversario do seu nacemento

Madrid, 05 de setembro de 2023

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á inauguración da exposición que sobre a figura de Antonio Palacios pon en marcha a Casa de Galicia en Madrid da man da artista e sobriña-bisneta do arquitecto galego, Amelia Palacios.

O responsable de Emigración destacou a importancia desta mostra coa que se inician aos actos de homenaxe ao arquitecto de Porriño polo 150 aniversario do seu nacemento, destacando a importancia que Palacios tivo para enriquecer a arquitectura galega, “xa que axudou a afianzar a súa identidade, especialmente en Madrid, onde realizou diversos edificios de relevancia internacional”.

A exposición, composta por diferentes cadros e debuxos que recrean os perfís dos principais edificios realizados por Antonio Palacios na capital española, poderase visitar na Casa de Galicia de Madrid entre o 5 e o 29 de setembro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/09/2023