A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe en Boiro a unha xornada formativa neste ámbito impulsada por Amicos

A Xunta apela a favorecer a inclusión en espazos de educación non formal

O encontro dirixiuse a familias e profesionais dos campos da educación e do ocio e o tempo libre

Boiro (A Coruña), 30 de setembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, deu hoxe a benvida ás familias, profesionais da educación e do ocio e o tempo libre que se deron cita na primeira xornada formativa sobre boas prácticas inclusivas en espazos de educación non formal. No encontro, que estivo organizado por Amicos e desenvolveuse na Casa da Cultura Ramón Martínez López, a directora xeral apelou a seguir dando pasos e traballar xuntos para favorecer a inclusión nas actividades de educación non formal.

 

Este evento contou coa participación de Gey Lagar, responsable do programa ‘Parques e Patios Dinámicos’, que é unha guía de referencia para aquelas persoas, colectivos e organismos interesados na creación de espazos inclusivos. Tamén se deron a coñecer as experiencias dos CEIP Santa Baia de Boiro e Carrasqueira de Pontevedra para crear un ambiente escolar máis inclusivo.

 

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto INC-Leisure, cofinanciado polo programa Erasmus+ e no que colaboran tres entidades europeas: Associaçao Grao Vasco de Portugal, Colexio Ourc Dr Zlatan Sremec de Macedonia do Norte e a Asociación Babilón de Alacante.

Data de actualización: 30/09/2023