O Parlamento dá luz verde ao teito de gasto de Galicia para 2024, que ascende a 13.257 M€

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe na Cámara galega o límite de gasto non financeiro para o vindeiro ano
 

Será a primeira vez en 16 anos que non se recorrerá a novo endebedamento
 

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 2023

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, presentou hoxe no Parlamento o límite de gasto non financeiro da Comunidade Autónoma para o exercicio 2024, que ascende a 13.257 millóns de euros, e que foi aprobado na Cámara autonómica. 

Galicia disporá o vindeiro ano do teito de gasto non financeiro máis alto da historia da Comunidade, un 5 % máis que o orzamento do presente exercicio, o que supón 637 millóns de euros máis. 

Este teito está conformado por 13.326 millóns de euros de ingresos non financeiros cun axuste negativo de contabilidade nacional de 69 millóns de euros. Ademais, tal e como explicou o conselleiro, será a primeira vez en 16 anos que non se recorrerá a novo endebedamento.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/10/2023