O vicepresidente primeiro da Xunta clausura o Foro de Dereito Constitucional sobre a validez dunha lei de amnistía

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, foi o encargado de clausurar hoxe xunto á decana da Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Ana María Gude Fernández, o Foro de Dereito Constitucional no que se debateu sobre a validez dunha lei de amnistía. A xornada, á que tamén asistiu o director xeral de Xustiza, José Tronchoni, estivo moderada polo catedrático de Dereito da USC José Julio Fernández Rodríguez e contou coa participación de Roberto Blanco Valdés, da USC; Rosa María Fernández Riveira, da Universidade Complutense de Madrid, e Xabier Arbós Martín, da Universitat de Barcelona.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/10/2023