Arias gaba o labor dos empresarios como Manuel Balseiro ‘Nito’ “para que Lugo e Galicia sexan un referente no turismo e na gastronomía”

Madrid (Lugo), 7 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe en Madrid á gala de entrega dos Premios Nacionais de Hostalería, que este ano recoñeceron como mellor empresario hostaleiro ao mariñán Manuel Balseiro (Nito), do restaurante Nito de Viveiro.

Arias felicitou ao galardoado, a quen puxo como exemplo “do importante papel que xogan os profesionais da hostalaría para que Lugo e Galicia sexan un referente no eido turístico e gastronómico” a nivel nacional e internacional. En especial, gabou a súa aposta polos produtos de proximidade.

Os Premios Nacionais de Hostalería recoñecen o labor dos establecementos, empresas e institucións que destacan nos eidos da innovación, a responsabilidade social, o apoio á cultura, a sostibilidade ou o compromiso coas persoas con discapacidade, entre outros factores.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/11/2023