O presidente participa na clausura do IX Encontro para Directivos/as Líderes ‘100 Consellos Santander’

Rueda compromete que o tecido económico seguirá atopando en Galicia a estabilidade axeitada para continuar asentando empresas na comunidade

Salienta que Galicia é das primeiras comunidades en aprobar os presupostos para 2024, cunha cifra de 13.257 M€

Valora o compromiso da nosa comunidade co tecido económico e a atracción e retención de empresas

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2023

  O presidente da Xunta de Galicia destacou hoxe o compromiso do goberno galego co tecido económico para atopar na nosa comunidade unha illa de estabilidade onde podan asentarse empresas de diversos ámbitos.

Así o asegurou durante a clausura do IX Encontro para Directivos/as Líderes `100 Consellos Santander´, que se celebrou hoxe no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela. No encontro participaron asistentes do mundo empresarial e dez poñentes de empresas de referencia galegas e nacionais/internacionais. O titular do goberno galego foi o encargado de clausurar o acto ofrecendo dez consellos.

Entre eles, Rueda salientou que Galicia seguirá representando unha illa de estabilidade baseada na seguridade e na solidariedade. Tal e como asegurou, Galicia é das primeiras comunidades en aprobar os seus presupostos para 2024, os máis altos da súa historia, con 13.257 M€.

O titular do Goberno galego remarcou que para a nosa comunidade é prioritario fortalecer o tecido económico e a atracción e retención de empresas.

Alfonso Rueda recalcou a aposta do Goberno galego pola colaboración público-privada, impulsando un fondo pioneiro en España. Tamén incidiu na labor da Xunta polo aproveitamento dos fondos europeos que se converten nunha “gran oportunidade para levar a cabo proxectos” de diversa índole.

O presidente da Xunta rematou a súa intervención reclamando un transporte digno, defendendo o dereito da nosa comunidade á xestión da nosa costa e facendo fincapé na aposta galega por impulsar proxectos enerxéticos baseados en recursos naturais favorables para o territorio. Rueda asegurou que “debemos ter presupostos sustentables” para atender non só aos beneficios das empresas, senón tamén aos das persoas.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/11/2023