Trenor participa na apertura do IX Encontro Asegurador organizado polo Consello Galego de Mediadores de Seguros

A Coruña, 23 de novembro de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, participou na inauguración do IX Encontro Asegurador organizado polo Consello Galego de Mediadores de Seguros. Esta xornada reúne anualmente a máis de 200 profesionais do entorno asegurador para o estudo das tendencias do futuro e estratexias e para o intercambio de coñecementos e experiencias.

O representante do Goberno autonómico resaltou o papel fundamental que realiza este sector para facilitar a conexión entre os clientes e as compañías de seguros e puxo en valor a importancia destes encontros porque axudan a avanzar nos retos de futuro para protexer e optimizar o traballo que desempeña este colectivo.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/11/2023