O presidente participa no acto de entrega do LXV Premio Fernández- Latorre que recoñece o labor da científica

Rueda salienta a contribución á ciencia da galega Marisol Soengas, referente mundial na loita contra o melanoma

Destaca que os seus avances na prevención e tratamento desta enfermidade contribúen a “que o mundo sexa mellor”

Asegura que os logros e éxitos dos investigadores galegos crean comunidade e fan que “o fogar común chamado Galicia” sexa “mais grande, máis forte e máis noso”

Arteixo (A Coruña), 23 de novembro de 2023
Compartir
  • whatsapp

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, salientou hoxe a contribución á ciencia que realizan investigadores galegos coma Marisol Soengas, un referente mundial na loita contra o melanoma e que hoxe recibiu o LXV Premio Fernández-Latorre.

Durante o acto de entrega, Rueda destacou o gran labor da xefa do Grupo do Melanoma do Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e presidenta da Asociación Española de Investigación contra el Cáncer para avanzar na prevención e loita contra esta enfermidade, o que repercute na calidade de vida dos cidadáns e contribúe “a que o mundo sexa mellor”.

O presidente asegurou que é un orgullo que unha científica como Marisol Soengas “sexa galega” e asegurou que o seu éxito permite construír pontes que unen a mulleres e homes e crean comunidade. Os logros dos investigadores galegos, subliñou, fan que “o fogar común que chamamos Galicia” sexa aínda “máis grande, máis forte e máis noso”.

Do mesmo xeito, Rueda asegurou que os medios de comunicación -como a corporación Voz de Galicia que organiza este galardón- son tamén grandes pontes entre o pasado e o presente da comunidade e entre esta autonomía e o resto de España e Europa. O presidente salientou o papel dos medios para crear un espazo común no que debater e conversar.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 23/11/2023