Javier Arias e a presidenta da asociación veciñal da Residencia valoran futuras accións de dinamización do barrio

Lugo, 30 de novembro de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo hoxe unha reunión coa presidenta da asociación de veciños do barrio da Residencia, Cecilia Vázquez, na que valoraron futuras liñas de colaboración para levar a cabo actividades que contribúan á dinamización cultural e social da zona.

A xuntanza tamén serviu para informar á representante veciñal do calendario previsto para a posta en marcha de novas dotacións no complexo da antiga Residencia; estase levando a cabo o traslado de persoal e servizos ao Centro Integral de Saúde, e nas vindeiras semanas comezará o da Oficina de Emprego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/11/2023