O presidente da Xunta inaugurou hoxe a sede da Fundación que leva o nome do artista

Rueda pon en valor a figura e a obra do pintor pontevedrés Manuel Moldes

Valora a aportación artística de Moldes como chave para o tecido cultural galego e as nosas artes

Recalca a relevancia da obra do artista pontevedrés para entender a arte galega das últimas décadas
 

Pontevedra,  30 de novembro de 2023

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, puxo en valor hoxe a figura do pintor Manuel Moldes e todo o seu percorrido artístico.

Así o destacou na inauguración da sede da Fundación que leva o nome do artista e da exposición Misterio + Luz. A Fundación, tal e como sinalou o presidente da Xunta, ten un papel que vai máis alá de manter viva a obra e memoria de Moldes, xa que tamén funcionará como punto de encontro para a vida cultural e social pontevedresa.

O titular do Goberno galego describiu ao artista como un orgullo de galego ao que lle agradeceu á súa aportación chave ao tecido cultural galego e as nosas artes.

Rueda tamén valorou a tarefa de Moldes como docente e referente para tantos alumnos de Belas Artes que desenvolveron a súa traxectoria en Pontevedra e en toda Galicia.

O presidente da Xunta recalcou que a figura do artista e a súa obra son imprescindibles para entender a arte galega das últimas décadas. Rematou aclarando que o Goberno galego sempre lle vai a tender unha man ao fomento da nosa cultura e a defensa do noso.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/11/2023