A Xunta expón no COP28, o cumio do clima de nacións unidas en Dubai, os pasos que da Galicia para avanzar nunha descarbonización da frota realista e asumible

A Consellería do Mar participa neste fundamental encontro que aborda o impacto cambio climático e as medidas para limitalo xunto aos efectos sobre a sociedade

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica postulará a necesidade de políticas ben definidas e cos recursos suficientes que impulsar e favorezan o tránsito a barcos máis respectuosos co medio pero sen perder competitividade
 

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2023
Compartir
  • whatsapp

A Consellería do Mar participa en Dubái na Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC), tamén coñecida como COP28, un encontro que se iniciou o pasado 30 de novembro e que se estenderá ata o próximo día 12 de decembro no que se aborda a emerxencia climática global e os seus diferentes impactos na sociedade.

Este encontro contará coa presenza do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, quen participará nun dos foros que analiza a afectación destes cambios aos océanos e as comunidades que deles viven, como é o caso se Galicia.   

O representante da Consellería do Mar participará co relatorio Perspectiva de gobernanza e descarbonización do sector pesqueiro no foro específico sobre ‘Océano-Clima-Sociedade: a CMNUCC e a mitigación, adaptación, financiación e creación de capacidades dos océanos’ dentro da COP28. Na súa participación Antonio Basanta debullará os pasos que se están a dar en Galicia, tanto pola Xunta como polos actores do sector marítimo-pesqueiro, á hora de avanzar no proceso de descarbonización da frota.

O representante da Xunta será o único participante por España nun foro que será moderado por Matt Frost, que preside a Asociación sobre os Impactos do Cambio Climático Mariño e é o xefe da Oficina Internacional do Laboratorio Mariño de Plymouth. O resto de relatores proceden de Nacións Unidas, a FAO, a Blue Marine Foundation, a Commonwealth, Global Ocean Trust ou do BNP Paribas.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 03/12/2023