A campaña de ‘Galicia Sabe Amar’ chega a Castroverde para enxalzar a calidade e o sabor do peixe e marisco das rías galegas

Compartir
  • whatsapp

Castroverde (Lugo), 03 de decembro de 2023

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou hoxe a foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR no concello lugués de Castroverde, onde puxo en valor a excelente calidade e propiedades culinarias dos produtos do mar das rías galegas e destacou a importancia de que sexan parte dunha dieta saudable e equilibrada cun efecto moi positivo na calidade de vida dos consumidores. O titular de Mar, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, sinalou o apoio do Goberno galego á promoción dos produtos pesqueiros galegos tanto dentro como fóra da comunidade e divulgar a súa ampla variedade e as posibilidades que ofrece a súa elaboración

Alfonso Villares valorou moi positivamente o impacto desta iniciativa que xa foron máis de 350.000 persoas de preto de 400 concellos galegos e de parte de España as que puideron gozar dalgúns do petiscos deseñados especialmente para esta campaña co mellor sabor do mar de Galicia. O responsable autonómico tamén resaltou a importancia de poñer en valor o traballo e bo facer dos homes e mulleres do mar, auténticos artífices de que cheguen estes alimentos nutritivos e saborosos nas mellores condicións aos nosos pratos.

Imaxes relacionadas
Departamento: C. do Mar
Data de actualización: 03/12/2023