A Xunta fomenta un ocio saudable e formativo para a mocidade no albergue xuvenil das Sinas a través do programa Outono Xove

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe cos participantes nesta proposta
 

Vilanova de Arousa (Pontevedra), 2 de decembro de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo hoxe no albergue xuvenil das Sins coas mozas e mozos que participan no programa de actividades Outono Xove da Xunta de Galicia.

A Consellería de Política Social e Xuventude está a desenvolver a terceira edición desta iniciativa, a través da que oferta actividades formativas e de lecer para a mocidade galega en oito albergues xuvenís da nosa comunidade. A proposta que ten lugar nas Sinas denomínase ‘Nómadas’ e inclúe raid multiaventura, scape room, tiro con arco, orientación, a elaboración dun podscats e obradoiros, entre outras actividades.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/12/2023