O director de Turismo de Galicia participa en Cee na inauguración do Foro Internacional sobre este itinerario xacobeo

Xosé Merelles salienta o investimento da Xunta de 3,5 M€ para reforzar os servizos do camiño Fisterra e Muxía

Refírese á aposta dos últimos anos que fixo posible incrementar as prazas de aloxamento con novos albergues da rede pública e conservación do trazado
Indica que o Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27 mantén o seu compromiso con accións transversais e un investimento de máis de 700.000 euros para o vindeiro 2024
 

Compartir
  • whatsapp

Cee (A Coruña), 2 de decembro de 2023

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, salientou hoxe a aposta da Xunta de Galicia pola conservación e promoción do Camiño de Fisterra Muxía, cun investimento de máis de 3,5 millóns de euros nos últimos oito anos e que, entre outros aspectos, fixo posible inaugurar novos servizos para os peregrinos con novos albergues da rede pública, así como sinalización en conservación do trazado, entre outros aspectos.

Durante a inauguración do Foro Internacional Camiño de Fisterra e Muxía que se celebra hoxe en Cee, Xosé Merelles recordou que, no marco do Plan Director dos Camiños de Santiago 22-27 o Goberno autonómico aposta por seguir reforzando o papel deste itinerario Xacobeo para o que prevé un investimento superior a 700.000 euros para o vindeiro ano 2024.

Itinerario en crecemento

Recordou que se trata, ademais, dun itinerario Xacobeo en crecemento, que está a crecer a un ritmo do 10% segundo os datos da Oficina do Peregrino de peregrinos de países como Portugal, Italia e Alemania. Moitos deles, como dixo, empregan os albegues da rede pública xestionada pola Xunta de Galicia.

Neste sentido recordou que o Camiño de Fisterra e Muxía son cinco os albergues que rexistraron uns datos no que vai de ano de máis de 18.200 pernoitas fronte ás máis de 13.000 que rexistrara nas mesmas datas do ano pasado.

 

Data de actualización: 02/12/2023