A delegada territorial da Xunta en Ferrol participa na cerimonia de entrega do buque multipropósito A-61 ‘Carnota’ á Armada

Ferrol, 4 de decembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta mañá á cerimonia de entrega do buque multipropósito A-61 Carnota á Armada. Durante o acto celebrado no Arsenal de Ferrol tamén tomou o mando da nave o capitán de corbeta Fernando Mariño Moreira.

O buque formará parte das unidades auxiliares dentro da Forza de Acción Marítima e se dedicará a labores de remolque, tarefas loxísticas, colaboracións como buque de apoio en manobras e exercicios navais con outras unidades, así como a realizar presenza naval e vixilancia marítima en augas de soberanía nacional. A súa dotación estará constituída por 36 persoas, entre oficiais, suboficiais e mariñería.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/12/2023