Arias reúnese coa recentemente creada agrupación de interese económico Ribeira Sacra Next

Lugo, 5 de xaneiro de 2024

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse esta mañá coa directiva da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra, creada no ano 2023 co fin de promover intereses comúns para o sur da provincia e que agrupa ata o momento a máis de 60 iniciativas económicas de sectores como o viño a través das adegas, turismo rural, gastronomía, comercio, informática, avogacía, comunicación, calzado, servizos para o sector primario, enxeñería, cafeterías, hoteis, organización de actos, asesorías, educación, viaxes, atención sociosanitaria, ademais de polígonos industriais e colectivos como os centros comerciais urbanos ou asociacións empresariais de carácter municipal

Arias felicitou a esta nova entidade polo paso dado e animounos a mostrarse unidos e fortes, xa que baixo un mesmo paraugas poderán afrontar intereses, problemáticas e retos futuros comúns. O delegado aproveitou para informar das últimas convocatorias de axudas que están actualmente abertas, concretamente as publicadas esta semana como son a de Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Empresas ou a de Galicia Exporta Organismos Intermedios, para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas. Tamén acompañaron ao delegado persoal do polo de emprendemento que a Xunta ten en Monforte e un consultor dos networkings que o Igape organiza por todo o territorio para incentivar a innovación.

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/01/2024