Fabiola García destaca as máis de tres décadas de traballo da Federación Don Bosco ao carón da xuventude

A conselleira de Política Social e Xuventude visitou hoxe a entidade

Ourense, 28 de xaneiro de 2024

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, destacou hoxe os máis de 30 anos de traballo da Federación Don Bosco, atendendo as inquedanzas da xente nova e promovendo o voluntariado. Así o sinalou nunha vista á entidade que ten entre as súas áreas de traballo a educación non formal, a animación sociocultural e programas de tempo libre, entre outras.

 

Fabiola García apuntou que nos últimos anos Galicia impulsou decididamente as actividades dirixidas á mocidade e as iniciativas de voluntariado. Así mesmo, sinalou a importancia que ten promover entre a xuventude valores como o esforzo, a solidariedade e a xustiza para seguir avanzando cara unha sociedade que sexa cada día mellor.

Data de actualización: 28/01/2024