Preto de 1.200 profesionais incorpóranse ás listas de contratación temporal da Xunta

O DOG publica hoxe as listas definitivas de admitidos e excluídos para diversas categorías

A relación de aspirantes pode consultarse no portal web corporativo da Xunta

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2024

Preto de 1.200 profesionais se incorporaron ás listas de contratación temporal da Xunta de Galicia ao longo do ano 2023. Estas listas empréganse para cubrir vacantes, facer substitucións e reforzar os servizos públicos que presta a Administración Autonómica.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe as listas definitivas de admitidos e excluídos para diversas categorías da Administración Xeral ás que veñen de incorporarse un total de 1.156 profesionais.

Entre as listas publicadas figuran as de enxeñeiros de camiños, canais e portos, de minas e de montes, veterinarios, profesores numerarios de institutos politécnicos marítimo-pesqueiros, escala de axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, fisioterapeuta, terapeuta ocupacional ou xefe/a de cociña.

A eles hai que sumar os 239 profesionais que xa se incorporaron ás listas de contratación temporal para diferentes categorías sanitarias, publicadas de forma separada hai unhas semanas. En total, o número de solicitudes nas listas de contratación da Xunta de Galicia é de 155.351.

Consulta das listaxes

As listas definitivas poderán consultarse no portal web corporativo da Xunta de Galicia, http://funcionpublica.xunta.gal apartado de <Listas de contratación> e no Servizo de Atención e Información á Cidadanía a través do teléfono 012. As persoas interesadas que así o desexen disporán do prazo dun mes desde a publicación das listas no DOG para presentar recurso de alzada.

Data de actualización: 30/01/2024