A Xunta reforza a oferta de ocio educativo para que a xente moza teña alternativas durante todo o ano

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, estivo esta tarde no Espazo Xove de Chantada

Chantada (Lugo), 1 de febreiro de 2024

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, subliñou hoxe que os Espazos Xove teñen un papel importante como lugares de socialización e tamén como dinamizadores do ocio xuvenil. Así o sinalou na súa visita ao Espazo Xove de Chantada, onde asistiu a unha actividade de zumba e a un obradoiro de radio.

Cristina Pichel fixo fincapé na ampla oferta de ocio educativo que a Xunta pon á disposición da mocidade durante todo o ano, tanto a través dos doce Espazos Xove cos que conta a rede autonómica como dos programas Outono Xove, Primavera Xove, o Día da Xuventude ou a Campaña de Verán. Todos os Espazos Xove da Xunta abren tamén os sábados.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 01/02/2024