Rueda participa na LVI Feira do Cocido de Lalín, Festa de Interese Turístico Internacional

Compartir
  • whatsapp

Lalín (Pontevedra), 4 de febreiro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á LVI Feira do Cocido de Lalín, unha data imprescindible no calendario gastronómico galego.

A Feira, que tivo como pregoeira desta edición a Yolanda Castaño, contribúe a consolidar a comunidade como un destino turístico cada vez máis atractivo para todo o mundo ao contar co distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional. Un evento que enxalza a calidade dos produtos cos que conta Galicia e que supón unha marca propia tanto para a capital do Deza como para o conxunto da comunidade.

A festividade tivo este ano como pregoeira á poetisa Yolanda Castaño, recente Premio Nacional de Poesía. Nesta edición tamén foron elixidos como novas e novos comendadores o empresario de orixe francés Michel Durrieu; o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; a comunicadora Belén Xestal; o xefe do Servizo de Oncoloxía do CHUS, Rafael López; o promotor do Xacobeo 93 e exconselleiro Víctor Manuel Vázquez Portomeñe; e o actual titular do Medio Rural na Xunta, José González.

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 04/02/2024