A Xunta ofrece asesoramento e información sobre o benestar emocional á mocidade a través do servizo Quérote+

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu hoxe a un dos obradoiros impartidos con esta iniciativa no IES de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas (Pontevedra), 7 de febreiro de 202
Compartir
  • whatsapp

4

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta mañá ao obradoiro sobre benestar emocional que tivo lugar no IES de Ponte Caldelas no marco do servizo Quérote+. A través desta iniciativa, achégase información de utilidade para a mocidade sobre esta e outras situacións que afecta de maneira moi especial á xuventude.

Ademais de en institutos, o servizo Quérote+ leva obradoiros sobre distintas temáticas a asociacións e institucións xuvenís como os Espazos Xoves da nosa Comunidade. A directora xeral lembrou que se potencia o autocoñecemento da xuventude e a resolución de dúbidas que se lle poidan presentar sobre situacións do seu día a día.

Data de actualización: 07/02/2024