A Xunta apoia a Festa da Androia, que se celebra este domingo en Navia de Suarna

Compartir
  • whatsapp

Navia de Suarna (Lugo), 8 de febreiro de 2024

A Xunta de Galicia apoia a Festa da Androia de Navia de Suarna, que se celebrará este domingo na localidade, así como a ruta da Androlla 4x4 que se desenvolverá durante toda a fin de semana.

A Consellería do Medio Rural apoia esta cita gastronómica que promociona o produto típico da zona, a androlla, pero tamén outros alimentos propios da Montaña, estimulando as vendas e difundindo a súa excelente calidade.

A feira tamén é un reclamo turístico para Navia e está incluída no Pasaporte gastronómico do xeodestino Ancares-Terras de Burón; o Goberno galego asina un convenio, a través de Turismo de Galicia, polo que achega fondos para esta e outras iniciativas de desenvolvemento turístico dos trece municipios que o conforman.