O Diario Oficial de Galicia publica o complemento autonómico ás pensións non contributivas

Trátase dun pago único anual de 218 euros que se ingresa automaticamente nas contas bancarias dos beneficiarios, sen ter que solicitalo ou facer trámite algún

O Executivo autonómico destina a esta axuda algo máis de 8 millóns de euros
 

Compartir
  • whatsapp

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o complemento autonómico para as arredor de 37.000 persoas que perciben en Galicia unha pensión non contributiva. O Goberno galego achegará a todas elas unha axuda extraordinaria de 218 euros nun pago único anual que recibirán de maneira automática nas súas contas bancarias neste mes de febreiro, sen necesidade de que o soliciten e sen facer trámite algún.

A Administración autonómica destina algo máis de 8 millóns de euros a este complemento, que ten por finalidade mellorar a capacidade adquisitiva das persoas que o reciben. Está dirixido a beneficiarios de pensións de xubilación e invalidez nas súas modalidades non contributivas, do fondo nacional de asistencia social e do subsidio de garantía de ingresos mínimos.

 

Imaxes relacionadas
Data de actualización: 09/02/2024