Actualidade
Buscador de novas
A Xunta remata as obras de estabilización do noiro do tramo da AG-57 afectado polo temporal ao seu paso por Gondomar, tras un investimento de case 110.000 €
Esta fin de semana procedeuse xa á reapertura do carril cortado ao tráfico sentido Baiona no tramo da autovía do Val Miñor que permaneceu pechado durante as obras
Villaverde sitúa a innovación como elemento clave na protección do medio mariño
A conselleira do Mar reuniuse co xerente da empresa Subacutic, especializada no desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras
A Xunta licita por 13,9 M€ a compra de camas e mesas de noite de hospitalización e camas de unidades de críticos para os hospitais do Servizo Galego de Saúde
A contratación inclúe a dotación do equipamento necesario para a posta en marcha do Hospital Novo Montecelo de Pontevedra e a primeira fase do plan director do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol
O Servizo Galego de Saúde convoca o primeiro concurso-oposición para o ingreso como persoal estatutario fixo na categoría de enxeñeiro biomédico
Por vez primeira, o departamento sanitario galego convoca un proceso selectivo para esta categoría estatutaria de recente creación
A Xunta publica a terceira edición do catálogo dixital `Danza Galicia´ con 137 espectáculos actuais de 55 compañías e artistas
Están dispoñibles en liña as versións en galego e en castelán para lle dar continuidade a esta ferramenta de promoción e contratación dirixida a responsables de teatros, auditorios, salas, circuítos e festivais dentro e fóra da Comunidade
A Xunta recuperará dous retablos no Mosteiro de Xunqueira de Espadanedo
O Goberno galego licita esta intervención destinada a solucionar as deficiencias nas estruturas e soportes, nas policromías e nas bases pétreas dos retablos cunha achega de case 50.000€
A Xunta pecha a celebración dos Días Europeos da Artesanía con actividades en Vigo e Oia
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia visitou hoxe en Oia a iniciativa ‘Artesanía na Praza’ con talleres participativos de cerámica, coiro, madeira, xoiería e tecido
A Xunta abre unha nova convocatoria do ‘Encontro de Artes Novas Cidade da Cultura’ poñendo o foco na relación entre creación e tecnoloxía
O ‘EAN’ ofrece a 28 talentos emerxentes a oportunidade de compartir procesos, metodoloxías e inquedanzas sobre a práctica artística contemporánea
A Xunta licita por 210.000 euros as obras de humanización da rúa Rei de Viana, no concello de Leiro
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación ao abeiro do Plan Hurbe, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 28 de abril