Actualidade
Buscador de novas
Fabiola García reivindica a importancia de impulsar o talento feminino galego como motor de avance na igualdade real e efectiva
Felicitou as galardoadas e puxo en valor o seu compromiso cunha Galicia máis igualitaria e con oportunidades para todas e todos
A Xunta ultima as obras de mellora na residencia de maiores pública autonómica de Marín
Invístense 1,5 millóns de euros en reordenar os espazos interiores do centro para que as persoas usuarias gañen en comodidade e para mellorar a súa accesibilidade e eficiencia enerxética
A Xunta cede ao concello da Estrada un inmoble para o traslado da unidade de atención temperá, á que asisten máis de 40 nenos e nenas
A conselleira destaca que o Goberno galego destina cada ano máis de 85.000 euros para impulsar este servizo no municipio
Gómez Caamaño pon en valor a traxectoria de 30 anos de apoio a pacientes e familias da Asociación Española Contra o Cancro en Cabana de Bergantiños
Resalta o papel da asociación nos chamamentos á poboación para participar nos cribados de cancro da sanidade pública
A Xunta celebra os Días Europeos da Artesanía con actividades na provincia de Ourense e co evento Artesanía de Galicia en Merza
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe os obradoiros impulsados pola Asociación de Artesáns de Ourense no seu local e no taller de Olería do Batán en Baños de Molgas, e logo estivo na VI Fornada Tradicional de Niñodaguia
A Xunta arrinca esta fin de semana a segunda edición de Campas 360
A directora Xeral de Xuventude, Lara Meneses, destaca “o grande éxito desta iniciativa que busca tecer lazos e ofrecer propostas formativas e de lecer á nosa mocidade nos fins de semana de abril e maio”
María José Gómez destaca a importancia da Festa do Cocido de Porco Celta na posta en valor e recuperación das razas autóctonas galegas
A conselleira do Medio Rural asistiu hoxe a esta celebración no concello de Carballedo, na que se promocionan diferentes produtos agroalimentarios amparados por selos de calidade diferenciada
Lorenzana destaca a aposta da Xunta por incentivar o uso da madeira na construción cun investimento de 9 M€ en cinco anos
Informa de que a Xera xa traballa nunha nova convocatoria de axudas para este ano que, previsiblemente, se publicará antes do verán
A Xunta recibe nos 2 primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para obras de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3 M€
O obxectivo do fondo é financiar obras de rehabilitación en municipios de menos de 50.000 habitantes a través de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver en 8 anos