Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.214 novas da Fonte::

09/04/2026 | 13:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta abre hoxe o prazo de solicitudes para participar en residencias de creación e investigación artística no Gaiás

Poderán optar proxectos de artes visuais, escénicas, musicais, deseño, arte dixital, e, como novidade, propostas de investigación e curadoría artística e cultural

09/04/2026 | 13:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita a construción de 26 vivendas públicas nas Galanas, en Teo, que suporán un investimento autonómico de case 5 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta intervención e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de maio

09/04/2026 | 13:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta participa na presentación da campaña de dinamización ‘Días Azuis do Comercio Galego’ co gallo de incentivar as compras nos establecementos locais

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu ao acto de lanzamento desta iniciativa, impulsada en colaboración coa Federación Galega de Comercio, que terá lugar entre o 10 e o 30 de abril de 2026

09/04/2026 | 12:58 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta realiza actuacións no humidal de Doniños para eliminar a presenza de especies exóticas invasoras

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou os traballos que se están a desenvolver para a súa retirada deste espazo natural

09/04/2026 | 12:54 | C. de Sanidade

O seguimento na quenda de mañá da folga de atención primaria acada o 1,77 % na Sanidade Pública Galega

O paro está convocado polo sindicato CIG, a única forza sindical que non se sumou ata o momento á reforma integral da atención primaria que a Consellería de Sanidade está a negociar xa con seis organizacións sindicais

09/04/2026 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Galicia amosa as capacidades do CESGA e o potencial da I+G+i ao ministro para a Transformación Dixital

O conselleiro de Ciencia, Román Rodríguez, recibe a Óscar López no Centro de Supercomputación de Galicia, que está reforzando as súas infraestruturas e recursos para converterse nun centro de referencia a nivel internacional  

09/04/2026 | 12:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina máis de 1,2 M€ aos profesionais da avogacía e da procuradoría polos gastos de funcionamento e infraestrutura da quenda de oficio

O DOG publica a contía deste sistema de compensación, fixado en ambos casos nun 8% do importe total certificado en 2025 polos colexios da avogacía e da procuradoría da Comunidade

09/04/2026 | 11:59 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A nova aula de simulación avanzada de hostalaría do CIFP Compostela integra as últimas tecnoloxías do sector en prol da mellor formación dos estudantes

A directora xeral de FP visita o espazo, que forma parte da rede de 115 aulas de tecnoloxía aplicada da Xunta, cun investimento de 6,3 M€ nos últimos catro anos

09/04/2026 | 11:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental a un proxecto para o almacenamento de enerxía no concello de Cerceda

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actividade teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada