Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 34.214 novas da Fonte::

07/04/2026 | 14:39 | C. do Mar

A Xunta inviste 100.000 euros na renovación do pavimento do pantalán pesqueiro e mexilloeiro de Vilanova de Arousa

Marta Villaverde presentou as obras que Portos de Galicia ten en licitación dentro dun contrato global por importe de 640.000 euros para unha decena de peiraos

07/04/2026 | 14:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta ten aberto o prazo para que os concellos soliciten os fondos de cooperación dirixidos á rehabilitación do seu patrimonio construído e de promoción de nova vivenda protexida

Manuel Pardo explicou que a actuación levada a cabo na rúa Castor Elices en Celanova, foi financiada a través dun préstamo de 464.000 euros da Xunta, co obxectivo de optimizar a accesibilidade e na mellora e ampliación das beirarrúas renovando todas as instalacións, así como na organización do tráfico

07/04/2026 | 14:24 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade viaxará ao espazo no primeiro vehículo español de transferencia orbital deseñado pola empresa galega UARX Space

UARX Space é única en España, e está entre as cinco de todo o mundo, en fabricar este tipo de sistemas capaces de manobrar no espazo

07/04/2026 | 14:11 | C. do Mar

O proxecto europeo Free LitterAT que coordina o Cetmar consolida avances clave na loita contra o lixo mariño no Atlántico

Os socios de España, Portugal, Francia e Irlanda analizaron na localidade lusa de Cascais os progresos desta acción na que tamén participan o Intecmar, o IEO-CSIC e a Universidade de Santiago

07/04/2026 | 13:58 | C. de Sanidade

Gómez Caamaño salienta a publicación no 'Diario Oficial de Galicia' da nova lei que blinda a protección do persoal da sanidade e prevé sancións por agresións aos técnicos de emerxencias

O titular de Sanidade da Xunta incide en que a modificación da Lei de Saúde, que entra en vigor mañá, é unha reforma histórica, xa que blinda a protección de todo o persoal da sanidade, con independencia da titularidade pública ou privada do centro sanitario de prestación do servizo

07/04/2026 | 13:57 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García gaba a implicación da comunidade escolar e familias en accións que fomentan o galego nos espazos de socialización dos centros educativos

O secretario xeral da Lingua salienta que máis de 2.600 alumnos participaron na cuarta edición do ‘Modo Galego, Actívao!’, que culminará cun festival o 17 de abril

07/04/2026 | 13:41 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García anuncia que a Xunta elaborará o primeiro Plan Galego do Autismo para garantir o benestar, os dereitos e a inclusión de persoas con TEA

Avanza que esta folla de ruta, que estará rematada en 2027, atópase incluída no Plan Estratéxico de Galicia en materia de discapacidade

07/04/2026 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca as liñas de axudas de adquisición de vivenda en centros históricos e vivenda protexida, ás que destina un orzamento de 2 M€

A conselleira destaca en Pontevedra que estas liñas de axudas, financiadas exclusivamente con fondos propios da comunidade autónoma, ofrecen achegas de ata 15.000€ no caso das de centros históricos e de ata 20.000€ para vivenda protexida

07/04/2026 | 13:29 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza nas obras da nova depuradora de Salvaterra de Miño para dar servizo a unha poboación de 2.310 habitantes

Ángeles Vázquez anuncia que o investimento para financiar esta actuación se incrementará ata os 2,2 millóns de euros para garantir que as futuras instalacións cumpran cos máximos requisitos técnicos e ambientais

07/04/2026 | 13:28 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor a cooperación e o intercambio de coñecementos coa Rexión Norte de Portugal na xestión dos espazos naturais protexidos do Gerês-Xurés

Marisol Díaz indica que a condición de reserva de biosfera transfronteiriza ofrece a oportunidade única de construír modelos de xestión compartidos que garantan unha conservación máis eficiente destes parques naturais