Actualidad
Buscador de noticias
Xosé Merelles viaxa a Reino Unido para intensificar a promoción do Camiño de Santiago no mercado británico ante o Xacobeo 2027
O director de Turismo de Galicia e o director de Administración e Relacións coas Asociacións de Amigos do Camiño avanzan na proxección internacional de Galicia cara ao Xacobeo 2027
Medio Rural recibe preto de mil solicitudes de axuda na convocatoria do Leader deste ano, un 65 % máis con respecto á anterior
A conselleira María José Gómez, acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu á inauguración do proxecto turístico Cabanas do Navia, situado no concello de Navia de Suarna, que foi beneficiario dunha achega de 100.000 €
Turismo de Galicia reforza o potencial turístico da Ribeira Sacra cunha actuación de mellora no Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil
A Xunta de Galicia investiu máis de 214.000 euros na subministración eléctrica a este espazo, unha actuación clave para a conservación e posta en valor do patrimonio cultural da Ribeira Sacra
A Xunta financia con 1 M€ o Plan de Sostibilidade Turística de Santiago de Compostela que permite fortalecer a oferta da cidade e atraer visitantes
Xosé Merelles destacou un conxunto de iniciativas impulsadas polo Goberno galego que buscan mellorar a experiencia do turista e xerar oportunidades para o tecido local
Galicia será sede do turismo sostible europeo no marco do Xacobeo 2027
Xosé Merelles defendeu a proposta na xuntanza que ten lugar en Bourges e atribúe esta designación á aposta que fai a Xunta por un turismo respectuoso e responsable
Turismo de Galicia destina máis de 300.00 euros a accións promovidas por asociacións de amigos do Camiño
Esta iniciativa reforza as relacións coas asociacións vinculadas á ruta xacobea e o compromiso coa preservación e proxección internacional do itinerario de peregrinación
Baiona acollerá en outubro o Congreso Nacional de Cámpings que conta co apoio de Turismo de Galicia
A cita terá lugar entre o 13 e o 15 de outubro e incluirá actividades como unha visita guiada ás illas Cíes, nas que poñer en valor a contorna
A Xunta impulsa 117 proxectos de empresas turísticas no marco das axudas de embelecemento do litoral
Por provincias, 66 iniciativas desenvólvense en Pontevedra, 42 na da Coruña e 9 na de Lugo