Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.839 novas da Axencia de Turismo de Galicia:

28/08/2025 | 14:52 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

O Festival de la Luz regresa esta fin de semana a Boimorto co apoio dos Concertos do Xacobeo

A Xunta de Galicia dálle cobertura á esta nova edición do festival, todo un referente da comunidade organizado na finca natal de Luz Casal

27/08/2025 | 13:13 | Axencia de Turismo de Galicia

Vigo convértese esta fin de semana na capital galega da música en directo co Galicia Fest dos concertos do Xacobeo

A cidade olívica acollerá a celebración da primeira edición deste festival no Peirao de Transatlánticos este venres 29 e o sábado 30 de agosto, co apoio da Xunta de Galicia

26/08/2025 | 13:45 | Axencia de Turismo de Galicia

Xosé Merelles destaca o valor natural e turístico do Castro de Baroña que leva recibidas case 10.000 visitas este verán

No mes de xullo, incrementouse nun 17% o número de persoas que visitaron o xacemento e no que vai de agosto xa o fixeron máis de 5.000 persoas

25/08/2025 | 14:04 | Axencia de Turismo de Galicia

Os Concertos do Xacobeo enchen de blues Vilanova de Arousa esta fin de semana co Festival Vilablues

O director de Turismo de Galicia participou na presentación na cita que se vai desenvolver os días 29 e 30 de agosto en distintos emprazamentos do Concello

25/08/2025 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta patrocina o partido de presentación do equipo feminino do Burela FS ante a súa afección

O conxunto burelés enfrontarase ao 5 Coruña FS este xoves ás 20.00 horas no pavillón de Vista Alegre

23/08/2025 | 23:06 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta salienta o crecente papel do Folión de Carros de Chantada para reforzar o interese turístico das tradicións galegas

O director de Turismo de Galicia e o delegado da Xunta en Lugo asistiron a esta celebración que conta co apoio da Xunta como festa de interese turístico de Galicia

22/08/2025 | 15:17 | Axencia de Turismo de Galicia

Os hoteis galegos aumentan en xullo un 10% os seus ingresos, que ascenden a 63,72 millóns de euros

A falta de coñecer os datos do resto de establecementos de aloxamento que o INE fará públicos a semana próxima, só en hoteis e pensións aloxáronse 635.000 viaxeiros

20/08/2025 | 13:55 | Axencia de Turismo de Galicia

Os Concertos do Xacobeo enchen de música electrónica a Cidade da Cultura co Wake Up! no Gaiás o 30 de agosto

O director de Turismo de Galicia participa na presentación da primeira edición deste evento que se celebrará entre as 16.00 e as 06.00h, en Santiago de Compostela

20/08/2025 | 11:22 | Axencia de Turismo de Galicia

Os Concertos do Xacobeo inclúen a celebración en Pontevedra dunha nova edición do Festival Río Verbena

Xosé Merelles puxo en valor este evento para atraer o turismo urbano durante o verán nunha cidade na que o número de viaxeiros medrou un 2 % no primeiro semestre