Actualidade
Buscador de novas
Turismo de Galicia remodela e humaniza a contorna da igrexa de San Miguel de Pereiras en Mos para incrementar os recursos turísticos do concello
O director de Turismo de Galicia e a alcaldesa de Mos asinaron o convenio que inclúe a substitución do alumeado público, traballos de axardinamento e dotación de mobiliario
A Xunta destina preto de 8 millóns de euros a modernizar e innovar o parque termal de Galicia a través de dúas novas liñas de axudas
As convocatorias, que se enmarcan no Plan de Turismo Termal 2025-2028, están cofinanciadas con fondos NextGeneration da Unión Europea
Turismo de Galicia optimiza a atención e o servizo ao peregrino do Camiño de inverno con melloras no albergue da Rúa
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asinou o convenio que permitirá renovar o sistema de calefacción e o mobiliario, entre outras accións
Turismo de Galicia abre o prazo para solicitar 37 bolsas para estudos de xestión hostaleira e chef no Centro Superior de Hostalería de Galicia
As axudas financiarán ata o 80 % dos custos de matrícula e o 100 % dos de aloxamento na residencia do CSHG
A Xunta promove o turismo urbano coa iniciativa ‘Sete cidades, sete sabores’ que distingue o mellor cociñeiro de tapas 2025
A gala terá lugar o 1 de xullo na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela
A Xunta destaca a travesía marítima ‘Camiño de Santiago a vela’ como polo de atracción do turismo náutico na comunidade
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde en Gijón no acto de sinatura do protocolo de colaboración entre as localidades nas que recala esta travesía marítima que conta co apoio de Turismo de Galicia
A Xunta convoca a II Etapa Popular Camiño da Costa, entre Oia e Baiona, para dar a coñecer o percorrido da ruta xacobea que máis crece en Galicia
Os delegados de Vigo e Pontevedra, Ana Ortiz e Agustín Reguera, e a alcaldesa de Oia, Cristina Correa, anunciaron unha nova convocatoria da marcha aberta
A Xunta fomenta o turismo enogastronómico coa concesión de axudas a 56 proxectos por 5,5M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da liña de axudas convocadas a comezos de 2024 que contribúen a divulgar a cultura vitivinícola e gastronómica galega
A Xunta avanza na mellora da seguridade viaria dos peregrinos coa licitación das obras no Camiño Inglés ao seu paso por Abegondo
Turismo de Galicia financiará estas actuacións destinando máis de 800.000€