Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 72 novas da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia:

23/02/2026 | 11:53 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora a rede iCousas ao catálogo de servizos dixitais para os concellos e reforza a cooperación tecnolóxica coas entidades locais

Esta infraestrutura de sensorización facilita a monitorización do territorio, de variables ambientais, a optimización de servizos públicos, a mellora da toma de decisións e o impulso da dixitalización do medio rural

18/02/2026 | 12:59 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca novos cursos para obter a certificación galega de competencias dixitais

Ofrece dous plans formativos en liña e titorizados para obter o Comdix no nivel de iniciación

08/02/2026 | 10:18 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

O nodo CIBER.gal impulsou máis de 300 actividades en 2025, que beneficiaron a máis de 11.000 persoas

O servizo de apoio e asesoramento a concellos e deputacións reforzou a protección das entidades locais, protexendo 6.000 equipos e supervisando máis de 2.300 activos dixitais

28/12/2025 | 10:14 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

Máis do 91% dos fogares rurais de Galicia teñen contratados servizos de internet de banda larga

Por riba do 95% das persoas do rural de entre 16 e 54 anos utilizan dispositivos electrónicos e a porcentaxe é do 74,7% no caso das persoas de entre 65 e 74 anos

17/12/2025 | 13:36 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia asiste a unha xornada sobre a creación dun ecosistema de IA en España

O encontro aborda con profesionais, empresas e institucións a construción dunha IA máis responsable, sostible e eficiente no marco do proxecto ALIA para favorecer a soberanía tecnolóxica do país

16/10/2025 | 18:02 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta destaca o papel da intelixencia artificial para humanizar a administración e dotar de maior eficacia aos servizos públicos

A directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos, e o director da Amtega, Julián Cerviño Iglesia, inauguraron esta tarde o curso monográfico A regulación da intelixencia artificial: sistemas e datos. Regulación europea, estatal e autonómica

06/10/2025 | 13:50 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

A Xunta de Galicia libera como software libre o proxecto 'Apunta' para facilitar a súa reutilización

Esta plataforma web permite xestionar a inscrición de cidadáns en diversas actividades que organiza a Administración autonómica

04/10/2025 | 11:03 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

O 70 % das máis de 10.000 persoas inscritas ata agora nos cursos da Xunta para preparar o certificado de competencias dixitais son mulleres

A iniciativa, impulsada pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, está dirixida a persoas maiores de 14 anos e permite preparar os exames dos niveis básico e intermedio do COMDIX

01/10/2025 | 14:17 | Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta defende no Foro AICS de Murcia a importancia de lexislar o uso da intelixencia artificial na administración

O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participa en dúas mesas redondas xunto con responsables de dixitalización doutras CC. AA. e profesionais do Dereito

25/09/2025 | 13:28 | C. de Facenda e Administración Pública; Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Expertos debaterán en Santiago sobre o uso da intelixencia artificial ao servizo dos valores humanos e da verdade

O centro Gaiastech da Cidade da Cultura acollerá o 2 de outubro unha xornada sobre Ética, emprego e verdade ante tecnoloxías disruptivas: as persoas no centro