Actualidade
Buscador de novas
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia abre o prazo de inscrición no curso para obter a certificación galega de competencias dixitais no nivel de iniciación
Ofértanse un total de 300 prazas e as inscricións poden realizarse desde o 24 de abril ata o 5 de maio
A Xunta introduce o uso de intelixencia artificial na Plataforma Tecnolóxica de Loita Contra os Incendios, que é xa un referente en España e Europa
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia visitou hoxe o Centro de Coordinación Central de Defensa contra os Incendios Forestais acompañado polo director xeral de Defensa do Monte
A Xunta presenta a súa estratexia dixital a responsables tecnolóxicos de empresas e institucións de América Latina e Caribe
O director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia participou nun encontro organizado polo Clúster TIC, dentro da misión tecnolóxica inversa que están a desenvolver estes días en Galicia
Galicia, Castilla y León, Andalucía, Valencia, Navarra, Extremadura e Murcia comparten recursos para facilitar o acceso da cidadanía á capacitación dixital
Os sete gobernos autonómicos veñen de renovar un acordo para aglutinar esforzos e desenvolver contidos para a acreditación de coñecementos dixitais
Rueda reivindica a ciberseguridade como prioridade estratéxica para garantir un entorno dixital confiable e atraer talento ao sector tecnolóxico
Subliña que a apertura do novo centro na cidade olívica confirma esa “Galicia potente e esa Galicia Calidade” para atraer investimentos, liderar o desenvolvemento de novas tecnoloxías e ofrecer oportunidades laborais no territorio
A contratación de internet de banda larga no rural de Galicia creceu máis dun 30% desde 2016 e supera xa o 90% dos fogares
A práctica totalidade (99,9%) dos fogares con estudantes dispoñen deste servizo e a porcentaxe baixa ata o 74,3% nos fogares nos que vive unha soa persoa
A Xunta presenta o seu modelo de goberno da intelixencia artificial a responsables tecnolóxicos de empresas e institucións
O encontro SINFILTRO, de directores de sistemas e tecnoloxías, inclúe unha visita ás instalacións da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia
Rueda destaca que Galicia vai ser pioneira coa aprobación da primeira lei autonómica de intelixencia artificial
A futura normativa, que espera que se poida aprobar no Consello da Xunta proximamente, busca garantir un emprego seguro e ético desta tecnoloxía