Actualidade
Buscador de novas
A Xunta pon en valor o comercio de proximidade da Mariña lucense
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe varios establecementos comerciais na Pontenova e, á tarde, asistirá á Gala anual da Asociación de comerciantes industriais, servizos e autónomos de Ribadeo (Acisa)
A Xunta pon en valor o labor de Atave a prol da formación flexible e conectada coas necesidades dos negocios de reparación de vehículos
González salienta o valor da colaboración público-privada para afrontar retos como a cobertura de vacantes e avanzar en cuestións clave como o benestar laboral
A Xunta ofrece en Ribadavia formación sobre o tecido artesanal con gancho dentro do proxecto Vilas Vivas
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, achegouse esta mañá ata a Casa da Artesanía de Galicia en Ribadavia, onde se desenvolven esta fin de semana tres obradoiros impartidos pola artesá Lola García, de Logaro
A Xunta reforzará en 2027 os medios do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para impulsar melloras de prevención e benestar nas empresas
A dotación de medios humanos e técnicos para converter o Issga no organismo de referencia, tal como prevé o Plan integral acordado no marco do Diálogo Social e aprobado en setembro, supón un investimento adicional de 1,2 M€ o vindeiro exercicio
A Xunta achega 577.300 euros para impulsar os mercados e prazas de abastos de Lugo, Ribadeo e Viveiro
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración publicou no DOG a resolución da orde de axudas deste ano para dinamizar estes espazos comerciais
Manuel Pardo clausura o programa integrado de emprego da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Ourense
O delegado destacou que neste PIE a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración destinou 220.000 euros para formar un cento de persoas desempregadas que recibiron os correspondentes diplomas acreditativos
A Xunta pon en valor o éxito do programa reencontros con Galicia por traer este ano á comunidade a máis de 200 maiores de 65 anos residentes no exterior
Procedentes da Arxentina, O Brasil, Venezuela, O Uruguai, Cuba ou Perú, os participantes están aloxados nas residencias de tempo libre da Xunta en Panxón e O Carballiño e regresan mañá, agás os que quedarán máis tempo para estar coa familia
Belén do Campo destaca o investimento de máis de 470.000 € no obradoiro de emprego de Trazo, Oroso, Tordoia e Cerceda no que se formará a 20 persoas desempregadas
A delegada da Xunta informou que iniciativa que permitirá formar durante nove meses aos alumnos nas especialidades de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería