Actualidade
Buscador de novas
O Goberno galego destina preto de 7,8 millóns de euros para impulsar a contratación de menores de 30 anos
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá a empresa Artemisa, beneficiaria da pasada convocatoria destas axudas da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Belén do Campo destaca o investimento de preto de 455.000€ no obradoiro forestal ‘Lambre Mandeo’ para formar a 20 desempregados dos concellos de Aranga, Irixoa, Monfero e Vilarmaior
A representante do Goberno autonómico informou que este taller formativo permitirá obter un certificado de profesionalidade en: actividades auxiliares en conservación e mellora de montes
A Xunta pon en valor as campañas extraordinarias apoiadas en Boiro, Marín, Redondela, Viveiro e Verín no marco das axudas aos centros comerciais abertos 2026
Cunha achega autonómica total de case 100.000 euros, as accións celebraranse entre os meses de setembro e outubro tras seren seleccionadas dentro da convocatoria na que se apoiaron 56 CCA en toda Galicia cun investimento superior aos 2,35 M€
Villares valora co alcalde do Corgo os apoios da Xunta para a mellora de dotacións e servizos no municipio
O delegado territorial de Lugo destacou, entre outros, o obradoiro dual de emprego iniciado recentemente ou a licitación en curso para o reforzo do firme dun tramo da estrada LU-546
Os Carunchos e Radio Cos encabezan a programación musical do XIII Corazón da Artesanía de Agolada impulsado pola Xunta
O día que comeza o evento —o venres 3 de xullo— actuarán a Charanga dos Pendellos e Comando Curuxás, mentres o sábado 4 Os Carunchos protagonizarán a sesión vermú, pola tarde haberá o pasarrúas de Bico da Balouta e á noite estará Mediarea
Arranca o obradoiro dual de emprego 'Mar de Santiago V' en Vilanova de Arousa
Esta iniciativa formará a un total de 20 persoas desempregadas nas especialidades de servizos de bar e cafetería e servizos de restaurante
A Xunta destaca en Verín o apoio ao tecido autónomo e ás pemes ante retos como a cobertura de vacantes, a remuda xeracional ou o absentismo laboral
José González incide no compromiso do Goberno galego como Administración facilitadora, orientada a acompañar ás persoas emprendedoras e pequenos negocios e adaptando as políticas ás necesidades reais das empresas e dos profesionais
A Xunta lanza os apoios deste ano para a creación de cooperativas e sociedades laborais dotados con máis de 2,3 M€ e co foco na remuda xeracional
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a nova orde de ES-Transforma e con axudas de ata 46.000 € e incentivos no rural, para fomentar a pervivencia no territorio de empresas viables mediante a súa conversión en entidades de economía social
Arranca o obradoiro dual de emprego Ulla-Umia nos concellos de Moraña, Portas e Valga
Esta iniciativa formará a un total de 20 persoas desempregadas nas especialidades de forestal e carpintería
A Xunta inviste 459.000 euros no obradoiro dual de emprego que formará a 20 persoas da comarca de Quiroga
O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou que abrirá oportunidades laborais para os participantes nun sector con elevada demanda como o da construción