Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reforza o seu apoio á inserción laboral de persoas de colectivos prioritarios co programa Galicia Suma Talento: Emprégate
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá E. Riego, unha das empresas da zona que se beneficiaron o pasado ano desta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Galicia urxe a acelerar o traspaso de competencias das autorizacións iniciais de traballo para potenciar o modelo propio de atracción de talento
José González resaltou que será unha ferramenta clave para impulsar o plan de atracción de talento exterior do Goberno galego e tamén para poder exercitar con plenitude as políticas activas de emprego en relación ás persoas migrantes en Galicia
A Xunta leva o proxecto Artesanía na escola a centros da Coruña e de Oleiros
Os artesáns Elena Ferro e Xosé Manuel Sanín visitan esta mañá o CEIP José Cornide Saavedra da Coruña e ao CEIP Juana de Vega en Oleiros para achegarlle aos nenos e nenas os oficios da elaboración de zocos e da construción de pandeiretas
A Xunta presenta en Asturias a súa estratexia de apoio á artesanía de Galicia con motivo do 8 de marzo
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, participou hoxe na xornada Raíz e oficio. Mulleres artesás no rural que se celebra en Mieres (Asturias), na que falou do proxecto Enredadas como exemplo de boas prácticas replicable noutros colectivos de artesás
A Xunta enxalza os 50 anos de traxectoria de ATRA e o seu labor de formación de talento no ámbito da reparación de vehículos
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou no acto conmemorativo do 50 aniversario da Asociación Autónoma de Empresarios de Talleres de Reparacións de Vehículos de Pontevedra (ATRA)
A Xunta reivindica nos premios 10 de Marzo o diálogo social como motor de progreso e fortalecemento dos dereitos das persoas traballadoras
José González subliñou os valores de compromiso e responsabilidade social dos premiados este 2026: Samuel Kwesi, supervivente do Vila de Pitanxo, a maxistrada Paz Filgueira e o sindicalista Xosé Lamela
A Xunta destaca o liderado feminino no tecido empresarial da provincia de Ourense e anima a visibilizar ás profesionais de todos os sectores
O Goberno galego avoga por seguir reforzando o traballo co tecido social e co resto de administracións e institucións para continuar co avance na igualdade entre mulleres e homes