Actualidade
Buscador de novas
A Xunta insta a Concello e Zona Franca a aclarar de maneira urxente se asinan o preacordo acadado hai seis meses para potenciar o Ifevi
José González subliñou que o obxectivo do Goberno galego é poder contar canto antes co plan funcional e o plan estratéxico para a dinamización do recinto feiral, polo que é fundamental formalizar esta sinatura para seguir avanzando
A Xunta colabora coa ´Shopping Night Ourense´ na súa aposta pola dinamización e revitalización do comercio de proximidade
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta tarde no acto que deu inicio á décima edición da Shopping Night Ourense, organizada polo Centro Comercial Aberto de Ourense e que conta co apoio do Executivo galego
A Xunta presenta a segunda edición da aceleradora de proxectos ‘Xerme ecommerce’ para potenciar o emprendemento no comercio electrónico
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, xunto ao delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera e a directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, estiveron presentes no acto
Belén do Campo reivindica o compromiso da Xunta coa cidade da Coruña na conferencia organizada pola Asociación de amas de casa, consumidores e usuarios da Coruña
A delegada da Xunta subliñou que este primer ano estivo marcado por unha forma de xestionar cumprindo a palabra dada, gobernando para todos, sen ruído, sen confrontación e sen mirar a curto prazo. En definitiva, con estabilidade, rigor e acción
A Xunta ten aberto ata o 30 de setembro o prazo para solicitar as axudas Galicia Emprega para a contratación de persoas de colectivos prioritarios
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, visitou esta mañá Ópticas Noroeste, unha das 12 empresas da zona que se beneficiaron o pasado ano desta convocatoria da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
A Xunta destaca en Ourense o valor da artesanía na dinamización comercial e cultural das vilas e cidades galegas
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, xunto co delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na inauguración da XXVIII edición da Feira de Artesanía de Ourense
Ana Ortiz destaca o apoio da Xunta ao comercio local cunha nova campaña do Día da Nai na zona de As Travesas
A delegada territorial da Xunta salienta a iniciativa para “promover o consumo nos establecementos de proximidade”