Actualidade
Buscador de novas
A Xunta entrega os premios da décima edición da campaña ‘Merca no teu comercio’ en Lugo
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que foi unha das medidas de dinamización comercial impulsadas polo Goberno galego no último mes, xunto co Bono Comercio
A Xunta reunirá este mes na Ribeira Sacra a máis de 60 expertos e 30 empresas tractoras no foro Ultreia sobre emprendemento ligado ao territorio
O encontro consistirá en dúas xornadas, unha o 27 de novembro, na que participantes de distintas rexións europeas realizarán experiencias inmersivas no territorio e o día 28 será o congreso no Monasterio de Santo Estevo de Ribas de Sil
A Xunta reparte máis de 244.000 euros entre preto de 90 entidades co obxectivo de impulsar a promoción e a comercialización da artesanía galega
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución desta convocatoria de 2025, da que se beneficiaron un total de 82 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, dúas asociacións profesionais de persoas artesás e catro concellos
A Xunta amosa en Salvador de Bahía a batería de medidas e apoios autónómicos ás persoas emigrantes que deciden retornar a Galicia
O secretario xeral da Emigración informou no Club Español á colectividade galega do nordeste brasileiro sobre a Estratexia Galicia Retorna e as oportunidades que ofrece Galicia ás persoas residentes no exterior interesadas en retornar
A Xunta segue a impulsar en Cervo a transmisión do traballo artesanal cun novo curso de perfeccionamento de técnicas de forxa
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegouse hoxe ata Cervo onde se está a impartir o curso ‘Perfeccionamento de técnicas de forxa’
A Xunta dá a coñecer os finalistas dos Premios do Comercio Galego 2025 que buscan recoñecer e poñer en valor os profesionais do sector
Na gala que terá lugar o próximo mércores 12 de novembro en Santiago, a iniciativa compostelá Creativas Galegas, a canguesa Alba Lazarí e a arteixá Ceibes Barefoot Shoes optan ao Premio Comercio Galego, dotado con 5.000 euros
A Xunta destaca o labor histórico da asociación cultural As Xeitosiñas como entidade referente da preservación e difusión da galeguidade en Suíza
José González puxo de manifesto os fortes lazos entre Galicia e o país helvético, no que actualmente residen máis de 41.000 galegas e galegos e que conta con 13 centros galegos recoñecidos no Rexistro da Galeguidade, entre eles o de As Xeitosiñas
A Xunta destaca no Brasil o valor da colaboración coas entidades locais para fortalecer os lazos coa comunidade galega no exterior
O secretario xeral da Emigración reuniuse en São José do Rio Preto co alcalde do municipio, Fábio Candido, e posteriormente visitou a sede da Casa de España, onde mantivo un encontro co seu equipo directivo e coa colectividade
A Xunta pon de relevo nos ‘XXVII Premios Emprende’ de AJE Pontevedra o seu compromiso co traballo por conta propia da man das novas xeracións
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou hoxe en Pontevedra no acto de entrega destes galardóns, onde destacou que os Polos de emprendemento da provincia levan atendido arredor de 1.500 proxectos
A Xunta pon en valor o proxecto ‘Galicia Camiño emprendedor’ como ferramenta de mentorización e promoción de Galicia como destino económico
O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, participou esta mañá na terceira etapa desta iniciativa que promove o intercambio de experiencias e a xeración de contactos profesionais a través do Camiño de Santiago