Actualidade
Buscador de novas
O Alfar dos Muíños, en Mondoñedo, acolle o domingo unha xornada de oficios artesáns promovida pola Xunta
Enmárcase na programación dos Días Europeos da Artesanía, que inclúe outros talleres e obradoiros abertos ao público durante esta semana
A Xunta subliña a importancia da preservación da olería como referente dos oficios tradicionais e motor económico do territorio
González destacou que ambos obradoiros, adheridos a Artesanía de Galicia, son exemplo de emprendemento vencellado á contorna e referentes de remuda xeracional, indicando que a atracción de talento novo é clave para garantir o futuro do sector
Rueda anuncia que a Xunta destinará máis de 320 M€ a impulsar o comercio local a través do novo Plan estratéxico do sector
Salienta que Galicia conta “con 32.000 establecementos comerciais que dan emprego a unhas 107.000 persoas”
Belén do Campo destaca o liderado de Galicia no sector primario na inauguración da Feira Multisectorial Magreco en Boimorto
Na súa intervención puxo de relevo a potencia do sector agrogandeiro na nosa comunidade, que se sitúa como "líder indiscutible" no ámbito nacional e como referente internacional, xa que se atopa entre as primeiras rexións europeas produtoras
A Xunta reforza a aceleradora de proxectos ‘Xerme Ecommerce’ cunha segunda edición para potenciar o emprendemento no comercio electrónico
Esta iniciativa enmárcase na colaboración co Clúster do Ecommerce Galego e está destinada tanto a novos proxectos no eido do comercio electrónico como a negocios existentes que aposten por acceder á comercialización dixital
A Xunta impulsa máis de 70 actividades de divulgación para celebrar os Días Europeos da Artesanía 2025
Na semana do 31 de marzo ao 6 de abril, a Fundación Artesanía de Galicia coordinará a programación coa que se conmemoran os Días Europeos da Artesanía
A Xunta impulsa a visibilidade e o crecemento da economía social a través do novo portal estatístico ‘Galestat’
A directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social, Marta Mariño, participou esta mañá no acto central da VI Semana Universitaria da Economía Social no que se presentou o novo portal estatístico da Economía Social en Galicia (Galestat)