Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.739 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

02/12/2025 | 14:38 | A Presidencia da Xunta; C. de Emprego, Comercio e Emigración

Rueda pon en valor os 400 galegos do exterior que puideron regresar a Galicia grazas ao programa Retorna Cualifica Emprego

Destaca que se trata dunha iniciativa, pola que xa se interesaron outras comunidades, que permite aos retornados “mellorar as súas oportunidades” e “garante a súa integración”

02/12/2025 | 11:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia liderou en novembro a caída porcentual do desemprego en España e suma máis de 19.500 afiliados á Seguridade Social respecto a hai un ano

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, valorou hoxe os datos de paro e afiliacións á Seguridade Social rexistrados en novembro, que en ambos casos anotan os mellores datos da serie histórica neste mes

02/12/2025 | 11:16 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta felicita os obradoiros gañadores e finalistas dos Premios de Artesanía de Galicia e os recoñecidos coas bolsas formativas Eloy Gesto

Recibiu o Premio Artesanía de Galicia unha peza colaborativa (xogo de té en funda de coiro Nemein) do obradoiro de cerámica Alberto Lista (Buño, Malpica de Bergantiños) e do taller de marroquinería Coiro Tres Pés (Campañó, Pontevedra)

02/12/2025 | 11:09 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta e a Asociación de Empresarias de Lugo achegan a dez barrios da cidade o programa ‘O Nadal en Galego’

O delegado territorial, Javier Arias, e a presidenta de AELU, Anjhara Gómez, presentaron hoxe a iniciativa, que busca potenciar o uso da lingua galega nas actividades de ocio

01/12/2025 | 18:42 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta pon en valor os obradoiros recoñecidos cos Premios de Artesanía de Galicia 2025 e coas bolsas Eloy Gesto para avanzar na competitividade do sector

González felicitou os premiados e finalistas e o seu labor no marco dun eido que destaca como xerador de emprego, vertebrador do territorio e fixador de poboación especialmente no rural, e no que cómpre captar —dixo— o talento das novas xeracións

01/12/2025 | 16:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta insta a retomar xa as funcións executivas da fábrica de Sargadelos e a recuperar a actividade da planta en beneficio dos empregados e da empresa

Así se puxo de manifesto nas diferentes conversas mantidas durante toda a fin de semana entre o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, e a dirección da compañía

01/12/2025 | 15:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destinará 10,5 M€ a novos cursos AFD para formar a preto de 4.700 persoas desempregadas na área de Vigo

A delegada territorial, Ana Ortiz, visitou este luns ao alumnado que iniciou a formación de atención sociosanitaria no Porriño