Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.739 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

28/06/2026 | 10:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta reunirá un total de 70 expositores no XIII Corazón da Artesanía de Agolada

Durante o encontro impulsado pola Fundación Artesanía de Galicia, do 3 ao 5 de xullo, haberá cinco obradoiros abertos para iniciarse na forxa, no torno cerámico, no bordado sobre fotografía, no tecido de tapices e nos xoguetes de madeira

27/06/2026 | 19:13 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; Secretaría Xeral de Emigración

A Xunta salienta en Vitoria o labor dos centros galegos do País Vasco na preservación da cultura e da identidade de Galicia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou o Centro Galego de Álava, sede tamén da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi, con motivo da súa viaxe á comunidade para participar mañá nos actos do Día de Galicia en Euskadi

27/06/2026 | 14:18 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta continúa en Ribadavia coa programación de obradoiros artesanais dentro do proxecto Vilas Vivas

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá ata a Casa da Artesanía de Galicia, onde hoxe se realizan dous cursos de estampaxe de panos tradicionais

27/06/2026 | 14:00 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Sanidade

A Xunta expón aos axentes sociais as medidas para mellorar a xestión sanitaria das baixas e a atención ás persoas traballadoras no marco do diálogo social

O secretario xeral técnico da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración presidiu a quinta reunión técnica do grupo de traballo creado para definir as accións neste eido e na que participaron representantes da Consellería de Sanidade

27/06/2026 | 12:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon en valor en Pontevedra o papel dos Centros Comerciais Abertos na dinamización do comercio local

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, asistiu hoxe en Pontevedra ás actividades organizadas polo CCA Zona Monumental dentro da iniciativa Xa é verán nas Galerías Oliva e ao arranque da campaña de rebaixas impulsada polo novo CCA Pontevedra

26/06/2026 | 19:58 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta presenta en Verín a campaña ‘Comercio Compensa’ a prol do consumo local e sostible

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta tarde o posto informativo instalado no marco da iniciativa autonómica e aproveitará para visitar a ‘Noite de compras’ organizada polo CCA de Verín e apoiada polo Goberno galego

26/06/2026 | 13:41 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta apela no Carballiño á cobertura de vacantes e á fixación de poboación no rural a través das axudas á rehabilitación de vivendas para traballadores

José González anima a solicitar algunha das dúas liñas de achega dispoñibles —a primeira dirixida a empresas e a persoas físicas ou xurídicas, e a segunda a concellos— co gallo de dar unha nova vida á alta porcentaxe de vivendas baleiras na bisbarra

26/06/2026 | 12:46 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia e o Norte de Portugal impulsan a creación dunha rede para potenciar a dixitalización nos recintos feirais no marco do proxecto Digital_Expo

José González destaca como exemplo de colaboración institucional esta iniciativa liderada pola Xunta e da que tamén forman parte Expourense, a Universidade de Vigo e as cámaras municipais de Viana do Castelo, Ponte de Lima e Arcos de Valdevez

25/06/2026 | 20:03 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta pon de relevo o pulo feminino no eido do emprendemento e da economía social

No seu primeiro acto como secretaria xeral de Emprego e Relacións Laborais, Susana Pérez Iglesias participou esta tarde no arranque do encontro ‘Medrando xuntas entre mulleres’, impulsado desde o Polo de emprendemento do Porriño

25/06/2026 | 14:43 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta incorpora a praza de abastos de Ribeira á rede de Mercados Excelentes de Galicia por ser referente en calidade, innovación e compromiso coa cidadanía

José González sinala que o novo selo —que tamén teñen Tomiño, Vilagarcía de Arousa, Pontedeume e Carballo— enxalza os mercados destacados pola súa modernidade e dinamización, sen perder a autenticidade, tradición e trato personalizado