Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.483 novas da C. de Emprego, Comercio e Emigración:

03/09/2025 | 16:05 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Belén do Campo clausura os obradoiros de emprego de Ordes e da Mancomunidade de Ordes nos que se formaron 40 desempregados en áreas con alta demanda de emprego

A delegada da Xunta participou na clausura destes talleres de formación que contaron cun apoio do Goberno galego de case 850.000 euros

03/09/2025 | 14:57 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O obradoiro dual Vigo Capacita X formou a 20 persoas desempregadas en especialidades de cociña e montaxe de placas solares

A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, clausurou este mércores o curso Vigo Capacita X que conta cun investimento de 422.000 euros

03/09/2025 | 13:48 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta destaca as iniciativas a prol do emprego impulsadas co concello do Porriño por 1,2 M€ e os froitos do programa Primeira experiencia profesional

José González visitou primeiro a empresa Distribuciones Rivas, con dúas persoas contratadas a través da convocatoria deste ano do programa que busca reforzar o emprego xuvenil, cuxo orzamento se elevou ata os 6,7 M€ para beneficiar 685 mozos

02/09/2025 | 16:38 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investiu preto de 420.000 euros no obradoiro dual de emprego da Guarda que formou a 20 desempregados

A provincia de Pontevedra contou con 20 obradoiros duais de emprego que formaron a preto de 400 persoas desempregadas grazas a un orzamento de máis de 8 millóns de euros

02/09/2025 | 13:07 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta impulsa en Chantada as xornadas ‘Entrelazar’ centradas no oficio da cestería e na relación entre material, territorio e creación contemporánea

A Fundación Artesanía de Galicia organiza a 3ª edición deste encontro que se celebrará os días 27 e 28 de setembro en San Cristovo de Mouricios

02/09/2025 | 12:30 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta levará no mes de outubro a Bos Aires os concertos de Luz Casal e Baiuca no marco do programa 'Saborea Galicia Calidade’

Ambas actuacións formarán parte dunha iniciativa máis ampla de actividades arredor de Galicia na capital arxentina, que incluirá cultura, gastronomía, catas e outras propostas que se irán detallando proximamente

02/09/2025 | 11:34 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

Galicia rexistra o mínimo de paro nun mes de agosto con 109.691 desempregados e o segundo máximo histórico de afiliacións con 1.111.207 cotizantes

Trátase da terceira mellor cifra de paro de toda a serie de datos (desde 1996) tras o fito conseguido os pasados meses de xuño e xullo e supón 8.987 persoas paradas menos que en agosto de 2024

01/09/2025 | 16:02 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investiu preto de 420.000 euros no obradoiro dual de emprego de Vilanova de Arousa que formou a 20 desempregados

Na provincia de Pontevedra leváronse a cabo 20 obradoiros deste tipo por un valor total de máis de 8 millóns de euros

01/09/2025 | 15:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

A Xunta investiu preto de 420.000 euros no obradoiro dual de emprego de Lalín que formou a 20 desempregados

A provincia de Pontevedra contou con 20 obradoiros duais de emprego que formaron a preto de 400 persoas desempregadas grazas a un orzamento de máis de 8 millóns de euros

01/09/2025 | 15:53 | C. de Emprego, Comercio e Emigración

O obradoiro dual Coidando o Miñor da Xunta formou en atención sociosanitaria a 20 persoas desempregadas

A delegada territorial, Ana Ortiz, asistiu este luns á clausura da última edición do curso que promoven Gondomar, Baiona e Nigrán con fondos da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.