Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá inicio aos primeiros grupos de traballo da Estratexia Galega de Emprego Feminino en sectores masculinizados
O obxectivo é eliminar barreiras e establecer boas prácticas para favorecer a presenza de mulleres en sectores con baixa representación feminina
A Xunta celebra o Día do Emigrante no Carballiño recoñecendo o labor do Centro Galego de México polo seu labor de preservación cultural e social
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor o papel da emigración na construción da identidade galega, así como o compromiso desta entidade na preservación e proxección da cultura en terras americanas
A Xunta destaca na Guarda a importancia de apoiar o comercio local a través de iniciativas como a campaña “Merca no teu comercio”
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na entrega de premios da campaña realizada en colaboración coa Federación Galega de Comercio
A Xunta salienta o impacto da campaña ‘Merca no teu comercio’ para incentivar as compras de proximidade e dinamizar os negocios dos barrios e municipios rurais
O acto, no que se entregaron 20 tarxetas regalo de 50 euros para canxear nos establecementos adheridos, enmárcase na acción conxunta da Xunta e a Federación Galega de Comercio que se está a desenvolver nas catro provincias ata o 31 de outubro
A Xunta celebra en Quiroga o sorteo da campaña ‘Merca no teu comercio’ para apoiar o comercio local da contorna
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou hoxe na entrega dos premios da campaña Merca no teu Comercio impulsada en colaboración coa Federación Galega de Comercio nos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil
O obradoiro de emprego de Sarria, que financia a Xunta con 412.000 euros, rehabilitou dous pendellos no campo da feira
O delegado territorial, Javier Arias, explica que os participantes no taller melloran varios espazos do concello
A Xunta impulsa en Sanxenxo a comercialización de artesanía de Galicia a través dunha tenda efémera en colaboración coa marca D-Due
Durante os meses de xullo e agosto celebrarase a quinta edición da Summer Shop D-Due & Artesanía de Galicia, na que se poderán atopar pezas de 44 obradoiros artesanais galegos
A Xunta impulsa o comercio local coruñés co sorteo dos premios da campaña ‘Merca no teu comercio’
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, participou esta mañá na entrega dos premios dunha iniciativa realizada na primeira quincena de xullo en colaboración coa Federación Galega de Comercio