Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.831 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

20/10/2026 | 12:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

Belén do Campo visita o CEIP Alfonso Rodríguez Castelao de Ordes no que participan 200 nenas e nenos dentro do programa piloto da Xunta de vacinación infantil nos colexios

A delegada da Xunta destacou que este programa están chegando a 14 centros educativos da área sanitaria de Santiago de Compostela Barbanza

19/10/2026 | 18:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acompaña a chegada ao mercado dos resultados de nove proxectos de investigación

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP ofrece un curso de formación dirixido ás persoas promotoras e integrantes dos equipos dos proxectos financiados pola Convocatoria Ignicia Proba de Concepto

19/10/2026 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
18/10/2026 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta convoca ata o 6 de novembro os Premios Tolerancia Cero fronte ao Acoso para recoñecer o traballo dos centros no reforzo da convivencia

Os centros públicos poderán presentar os proxectos desenvolvidos durante o curso 2025/26 para previr o acoso e o ciberacoso e promover unha convivencia positiva

18/10/2026 | 09:36 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia apostan polo Proxecto Terra para a sensibilización á mocidade sobre o respecto ao territorio

As actuacións proxectadas ao abeiro deste convenio, que se levarán a cabo ata o ano 2028, contarán cun orzamento de 437.000 euros

17/10/2026 | 11:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez afirma que os orzamentos 2027 da Xunta manteñen o compromiso coa mellora dos centros educativos e coa I+G+ i en Vigo

O proxecto de lei de orzamentos aprobado onte no Consello da Xunta dá continuidade ao apoio á Universidade de Vigo no sostemento dos diferentes programas e centros de investigación

16/10/2026 | 14:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Integrado de FP Paseo das Pontes convértese no primeiro de referencia nacional en téxtil, confección e pel

Román Rodríguez salienta que esta distinción ratifica a calidade destas ensinanzas en Galicia, que representan un exemplo de prestixio e innovación a nivel estatal

16/10/2026 | 14:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Consellería de Educación recoñece a excelencia de 20 estudantes cos premios extraordinarios de Bacharelato

A Xunta pon así en valor o traballo e esforzo do alumnado que mellores cualificacións acada ao remate desta etapa e mellores puntuacións obtén na proba específica para outorgar estes galardóns

15/10/2026 | 15:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación avanza no deseño do novo programa de reforzo da lectura para implantalo xa este curso en 3º e 4º de Primaria

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, preside a primeira reunión do grupo de traballo, integrado por profesionais especialistas na materia

15/10/2026 | 13:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación pon en valor a FP Básica, que este curso medra ata as preto de 6.000 matrículas, como unha porta aberta ás oportunidades e á inclusión

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, inaugura as quintas xornadas desta modalidade formativa que reúnen en Santiago a máis de 200 profesionais para debater sobre novas estratexias didácticas neste ámbito