Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.831 novas da C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional:

09/10/2026 | 14:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude
08/10/2026 | 18:07 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación lanza o programa `Medrando entre Culturas’ para favorecer a inclusión do alumnado estranxeiro nas aulas

A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, visita o Colexio Plurilingüe O Pombal, en Vigo, onde explicou que se trata dunha iniciativa piloto para favorecer a igualdade de oportunidades e á que poderán acollerse os centros de maneira voluntaria

08/10/2026 | 15:40 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apela á corresponsabilidade do Goberno central e dos concellos na renovación e mantemento das instalacións educativas

A Administración autonómica, coa aprobación do Parlamento de Galicia, demandou en reiteradas ocasións a Moncloa a posta en marcha dun Plan nacional de mellora de infraestruturas educativas, ademais da redución do IVE neste tipo de obras

08/10/2026 | 15:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O ecosistema de I+G+I reforza a colaboración transfronteiriza coa visita dunha delegación do International Iberian Nanotechnology Laboratory

Esta visita estreita a colaboración entre Galicia e o Norte de Portugal no ámbito da I+D+i e consolida a relación co INL de Braga, que en 2025 xa acolleu na súa sede a unha delegación do sistema galego de investigación

08/10/2026 | 15:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta destaca a capacidade dos centros de investigación da rede CIGUS para triplicar a captación de fondos competitivos cos seus proxectos

O secretario xeral de Universidades pon en valor o traballo que realizan os científicos que traballan neles, que acadan recoñecementos de tanto prestixio como a acreditación María de Maeztu

07/10/2026 | 17:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez salienta o aumento da matrícula de FP na provincia de Pontevedra, que concentra máis de 27.600 estudantes, un 5,64% máis que o curso pasado

O conselleiro de Educación, acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, visita o Centro Integrado de FP Montecelo que, tras converterse en CIFP no curso 2023/24, destaca na FP de grao básico e nas ensinanzas da familia de Sanidade

07/10/2026 | 15:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a creación do comedor do Colexio de Viñas como unha mostra do compromiso do Concello de Poio coa súa comunidade educativa

O conselleiro de Educación e o alcalde comprobaron o resultado da intervención, que se suma a outras realizadas pola Xunta para a renovación de luminarias e falsos teitos

07/10/2026 | 14:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia o novo equipamento científico do centro tecnolóxico Cetim para mellorar a competitividade industrial

Este equipamento está orientado especialmente á reciclaxe, á valorización de subprodutos e á sustentabilidade industrial

06/10/2026 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

A Xunta destaca que Galicia está chamada a liderar o futuro da protonterapia coa posta en marcha do novo centro e a investigación impulsada polo CIMUS

Investigan en campos como o cancro, as enfermidades metabólicas e cardiovasculares, a neurodexeneración, a xenómica, a nanomedicina ou o desenvolvemento de novos fármacos e terapias, como a protonterapia

06/10/2026 | 14:14 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez subliña o crecemento da matrícula de FP en todas as provincias, con Ourense á cabeza

Destaca que o impulso cualitativo a través da especialización, a tecnificación e unha variada oferta, con novas modalidades, fai que a FP acade un novo récord histórico de 75.383 estudantes, case un 6% máis que o pasado curso