Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.003 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

30/04/2026 | 11:06 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta celebrará as probas para obter os certificados de lingua galega Celga entre o 23 de maio e o 6 xuño

Os exames realizaranse de forma presencial en Santiago de Compostela, Ponferrada e Madrid

30/04/2026 | 10:54 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta pon en marcha o programa ‘Aventúrate con Galicia’ para que 30 rapaces e rapazas do exterior descubran a terra das súas raíces

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a primeira convocatoria desta iniciativa destinada a nenos e mozos de entre 10 e 17 anos descendentes de emigrantes galegos para participar en campamentos de verán e reforzar o vínculo coa súa terra de orixe

29/04/2026 | 19:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos sitúa o filme de Ángel Santos ‘Así chegou a noite’ como reflexo do talento e calidade do audiovisual galego

Subliñou que a Xunta destina este ano ao sector preto de 8 M€ en axudas ás distintas fases do proceso de creación e distribución

29/04/2026 | 15:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O director de Industrias Culturais pon en valor o potencial creativo galego que se exhibirá na mostra ‘Cádiz en Danza’

A Xunta apoia a participación no encontro de Colectivo Glovo, Fran Sieira, Julia Laport, Raquel Ferradás con María de Vicente e Elvi Balboa con Andrea Castro

29/04/2026 | 14:50 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia de Turismo de Galicia

Manuel Pardo gaba a programación do ‘Festival Ou Yeah!’ da Xunta que situará a Ourense nun destino turístico atractivo e singular

O delegado territorial destacou que se trata dunha iniciativa arraigada no territorio, comprometida coa súa xente e deseñada para proxectar Ourense ao mundo

29/04/2026 | 14:41 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta conclúe a declaración como Ben de Interese Cultural do Xogo de Birlos de Galicia

O Goberno galego concédelle este recoñecemento polo compoñente identitario e inclusivo desta actividade, calificándoa coma un dos xogos populares e tradicionais máis importantes da historia de Galicia

28/04/2026 | 20:34 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Axencia de Turismo de Galicia
28/04/2026 | 15:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Museo do Castro de Viladonga acolle este xoves a xornada ‘Relatos sobre a paisaxe no tempo’, con charlas e obradoiros

Nas vindeiras semanas tamén haberá talleres, concertos e funcións de narración oral para conmemorar o Día Internacional dos Museos e o das Letras Galegas 

28/04/2026 | 13:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Valentín García destaca “a capacidade investigadora e creadora dos escolares” no Concurso das Letras Galegas impulsado pola Xunta

Trátase dunha convocatoria da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da de Educación, Ciencia, Universidades e FP que implica o alumnado con esta efeméride