Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.003 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

12/12/2025 | 15:44 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta vén de rematar traballos de conservación no castro de Zoñán, en Mondoñedo, cun investimento de 13.700 euros

O sábado 20 de decembro, ás 11:30 horas, terá lugar no xacemento unha visita comentada por persoal técnico, será gratuíta e non require inscrición

12/12/2025 | 15:36 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta amplía e mellora o espazo de visita ao Castro do Teso da Ermida, en Navia de Suarna

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que coa recente campaña supéranse os 117.000 euros de investimento nos traballos arqueolóxicos e a reconstrución da antiga capela

12/12/2025 | 14:11 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta apela á “máxima responsabilidade” de todas as administracións implicadas para avanzar na protección dos murais de Lugrís na Coruña

O director xeral de Patrimonio Cultural traslada no Parlamento o total compromiso do Goberno galego coa súa conservación e para que as creacións poidan estar á disposición da cidadanía nas mellores condicións

11/12/2025 | 20:33 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Vigo acolle a preestrea de ’Rondallas’, a película de Daniel Sánchez Arévalo rodada en Galicia co apoio da Xunta

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompaña o equipo da longametraxe neste pase especial nos Cines Tamberlick, previo á súa chegada ás salas o vindeiro 1 de xaneiro

11/12/2025 | 16:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Ángel Miramontes pon en valor “o labor do Observatorio de innovación no estudo e divulgación do noso patrimonio”

O organismo presenta o seu primeiro proxecto que analiza a educación patrimonial no rural galego e fixa liñas de traballo neste eido

11/12/2025 | 16:47 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Arias destaca a ampliación do Museo do Ferrocarril de Galicia cunha nova sala expositiva

O delegado territorial da Xunta en Lugo participou na inauguración deste espazo e presidiu a reunión do Padroado para aprobar o orzamento do 2026, entre outros asuntos

11/12/2025 | 15:46 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos considera o Premio Otero Pedrayo á Coral Polifónica de Pontevedra como “brillante alfinete” ao ‘Ano Castelao’

O representante da Xunta salienta o importante papel que o intelectual galeguista desenvolveu na formación como “fundador, presidente, escenógrafo e cantor”