Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.003 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

09/12/2025 | 17:28 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Lara Meneses reafirma “a alta participación no Xuventude Crea que é mostra do selo Galicia Calidade”

Os traballos finalistas das especialidades de artes plásticas e fotografía poden visitarse ata o 5 de xaneiro na igrexa da Universidade de Santiago

09/12/2025 | 16:27 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta levará este Nadal propostas culturais en galego por medio cento de concellos

Música, teatro, humor, maxia ou contacontos conforman un abano de actividades coas que se fomenta o emprego da nosa lingua na oferta de lecer para estas datas

09/12/2025 | 13:43 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Manuel Pardo louva o esforzo da Xunta pola recuperación e conservación do patrimonio da provincia de Ourense

O delegado territorial puxo en valor que en 2025 a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude incrementou de “xeito considerable” a partida reservada para arqueoloxía

08/12/2025 | 21:20 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Casa de Galicia en Madrid inaugura a exposición “Arte prerrománica en Ourense”, un percorrido pola identidade histórica da provincia

A exposición ofrece unha escolma única de arte altomedieval que pon en valor o patrimonio histórico galego

08/12/2025 | 12:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta consolida os estudos de galego no Bierzo e Sanabria con 30 alumnos máis neste curso 2025-2026

En total, os centros de ensinanza non universitaria que imparten estas clases suman 1.207 matrículas, superando as 1.079 do período 2024-2025

08/12/2025 | 11:28 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O espectáculo de música contemporánea ‘Karst’ impulsado pola Xunta nas residencias artísticas do Gaiás chega a Roma en decembro

A creación do compositor galego Hugo Gómez-Chao e a arquitecta e deseñadora de moda Raquel Buj terá a súa estrea internacional no festival Nuova Consonanza cun novo formato que une voz, percusión, escultura e movemento

07/12/2025 | 13:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A experiencia inmersiva do Gaiás ‘Orixes’ aspira a obter un dos principais premios europeos de arte dixital

A proposta figura como una das tres únicas seleccionadas en España como finalista dos XR Awards, cuxa gala de entrega terá lugar este martes

07/12/2025 | 10:25 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta reunirá a mocidade, deportistas e adestradores no primeiro gran encontro ‘A mente en forma’

A cita, que se celebrará o venres 12 en Santiago de Compostela, está deseñada para poñer en valor a importancia da saúde mental no deporte